Detalle del Evento [02-07-2009]
 
ATA-Galicia se reúne con la Conselleira de Traballo 
  
Dende ATA-Galicia, Rafael Granados, Presidente, e Luisa Souto, Secretaria Xeral, reuníronse xunto coa representante de UPTA – Galicia, Mª Jesús González, coa Conselleira de Traballo, Dna. Beatriz Mato Otero na Consellería de Traballo en Santiago de Compostela.

Neste encontro, en primeiro lugar, presentáronse por parte de ATA a relación das propostas para afrontar a situación crítica dos traballadores autónomos en Galicia, entre elas cabe salientar: o incremento na morosidade dos pagos, a falta de crédito, as vías de financiación, o cese de actividade, ...

É claro, que a situación dos autónomos é dramática, tanto para a Conselleira como para ATA e UPTA, xa que estamos a padecer con crudeza unha crise que non provocamos. Chegamos a unha situación límite na que non vendemos, non producimos, pacemos a asfixia financeira, soportamos máis ca ninguén a falta de liquidez e estamos afogados polas cargas fiscais, polo peso das cotizacións e pola enorme morosidade, tanto pública coma privada... Todo isto provocou que, nos últimos cinco primeiros meses de este ano, perdéranse 3.743 autónomos, o que significa que diariamente pechan 30 empresas en Galicia, preto de 6.000 no ano 2008.

Por todo isto, solicítase a inmediata creación da Mesa do Traballo Autónomo, na que se plantexarán non só os problemas coxunturais nos que nos atopamos os emprendedores, senón as respostas a curto e longo prazo, de man das asociacións representativas do sector. Ante esta proposta, Dna. Beatriz Mato, asegurou que non se demorará máis esta Mesa de Traballo xa que “ é fundamental para que o autónomo deixe por fin de ser o grande esquecido, e para que deixe de destruirse o emprego autónomo desta forma brutal”.

Dende a Consellería de Traballo, según comenta Dna. Beatriz Mato, abógase polas políticas activas, é dicir, pola creación de emprego, incentivar a contratación, ... có que Rafael Granados coincide totalmente.

Dende ATA, tamén se lle solicita á Conselleira, a revisión no reparto da formación, xa que fronte ós 110,00€ anuais que se destinan á formación dun asalariado, ó autónomo apenas lle chegan 20,00€. Por isto é fundamental equilibrar esta partida, xa que “a formación é unha ferramenta clave para millorar na competitividade no mercado”, según comenta Granados.

Queremos, xa para rematar, agradecerlle unha vez mais á Conselleira, a súa atención, o seu coñecemento da nosa situación, e por suposto o seu traballo na consecución de mellorar esta situación insostible que hay que salvar con todos os nosos esforzos. O primeiro paso neste reencontro, será a creación da Mesa do Traballo Autónomo.

 
 
 
 
   
  A través de este portal, usted puede enviarnos sus ofertas de trabajo o bien buscar demandantes de empleo adecuados a su actividad, Conocía el servicio?   
 
Si
No
No me interesa especialmente
 
   Votar  
Ver resultados Todas
 
   
 
 
   
  Promoción do Emprego Autónomo (FIN 30.06.10)
 
  Ayudas modernización de campings (FIN 04/06/2010)
 
  Ayuda a transportistas que abandonen la actividad (FIN 07/06/2010)
 
   
  Concurso de tapas "Picadillo 2010" en A Coruña
 
  V Día do Emprendedor en Galicia
 
 
 
 Ver Todos    Volver
     
Diseño y desarrollo  canalcubico.com