O día 22 de maio do presente ano, ATA-Galicia reúnese con D. Andrés Hermida Trastoy, Director Xeral de Promoción do Emprego.
Neste acto, Rafael Granados, Presidente de ATA-Galicia solicita que as políticas activas de emprego na nosa comunidade sexan un feito. O día 5 de maio en Madrid xa se conseguiron logros, a través da Mesa do Traballo Autónomo, coma son:
1.Aprobouse elevar ó 80% a porcentaxe do abono do pago único da prestación por desemprego.
2.Firmaranse convenios entre o ICO e as autonomías para completar a liña de créditos para os autónomos.
3.En materia fiscal, introduciranse reformas para os autónomos que tributen por módulos. Modificarase a Lei do IRPF para que este tributo teña en conta ó autónomo independiente.
Os autónomos en paro tamén se beneficiarán do novo salario social.
|