Detalle del Evento [14-06-2010]
 
Concurso de tapas "Picadillo 2010" en A Coruña 
  
CONCURSO DE TAPAS PICADILLO A CORUÑA 2010

O Concello da Coruña coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, convocan o VIII Concurso de Tapas Picadillo A Coruña 2010, de acordo coas seguintes

BASES

1. PARTICIPANTES.

Poderán participar todos os establecimentos de Hostelería da cidade da Coruña legalmente establecidos previa inscrición no prazo e forma establecidos nestas bases.

2. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN.

Establécense duas modalidades: Tapa Tradicional e Tapa Creativa, entendéndose como Tapa Creativa a que utilice productos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras.

• Todas as tapas deberán ser elaboradas de forma artesanal e con algún producto galego autóctono e de calidade.

• Non se aceptarán receitas precociñadas en toda ou algunha das súas partes.

• A Organización resérvase o dereito de non aceptar unha tapa a concurso se considera que non se axusta ás condicións descritas. Neste caso, o establecemento terá a opción de presentar outra tapa ao Concurso en calquera das modalidades.

• Cada establecemento poderá concursar nunha ou nas duas modalidades, pero só poderá facelo cunha tapa en cada modalidade que elixa.

• Os establecementos participantes estarán obrigados a dar un informe final do número de tapas vendidas e colaborar coa enquisa de valoración do evento.


3. PRAZOS E INSCRIPCIÓN.

- A inscrición realizarase ata o 20 de xuño.

- A Inscripción realizaráse mediante solicitude por Correo Postal, Fax ou Correo Electrónico

Oficina técnica do Concurso de Tapas “Picadillo” A Coruña 2010
Carpe Diem Eventos
Rúa Simón Bolívar 81-83 – 15011 A Coruña
Telf: 981 148 049 e Fax: 981 100 544
E-mail: picadillo2010@red-unio.es

A solicitude deberá adxuntar a ficha de inscripción debidamente cumprimentada. Por razóns técnicas, a Organización atenderá só a petición de 50 establecementos. As peticións de inscricións serán atendidas por orde de chegada.



4. PREMIOS.


A) Establecimentos participantes:

Establécense os seguintes premios para os establecimentos participantes.


PREMIOS POR VOTACIÓN DO XURADO

- Premio Picadillo á Tapa Tradicional: Trofeo Torreo de Hércules + Diploma Acreditativo + 1.500€

- Premio Picadillo á Tapa Creativa: Trofeo Torre de Hércules + Diploma acreditativo + 1.500€

PREMIO POR VOTACIÓN POPULAR

- Premio Picadillo da Cidade da Coruña: Trofeo Torre de Hércules + Diploma acreditativo + 1.500€

MENCIÓNS ESPECIAIS

No caso de existir algunha mención especial o premio será o seguinte:

- Premio Mención Especial: Trofeo Torre de Hércules + Diploma


B) Público:

Establécense os seguintes premios para o público que participe na votación popular:

PREMIOS PARA O PÚBLICO

- Sorteo de 10 roteiros de tapas que inclúen a degustación da tapa participante de cada establecemento con unha cervexa (ou refresco ou auga). Os establecementos que integran o roteiro canxearán os vales dos gañadores por dita consumición e estes vales poderán ser abonados pola Organización (por una valor de 3 €).


5. FASES E DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO.

O Concurso desenvolverase entre o 28 de xuño e o 18 de xullo de 2010. Os establecementos participantes terán as tapas concursantes a disposición do público durante o seu horario habitual. O prezo das tapas para o público deberá estar comprendido entre 0,50 e 2 €. En todo caso, o prezo non pode ser inferior ao custo real da súa elaboración.

Así mesmo, os establecementos participantes comprométense a ofertar aos seus clientes durante tres meses as tapas presentadas ao concurso.

A) Para os Premios Picadillo á Tapa Tradicional e á Tapa Creativa

1ª Fase do Concurso.

Nomearanse polo concello da Coruña, expertos independentes que visitarán os establecementos participantes durante os primeiros 15 días do Concurso. Ao realizar a visita o experto identificarase e levantará acta da mesma.

Cada experto independente valorará as tapas degustadas entre 0 e 10 puntos en cada un dos seguintes criterios: sabor, elaboración, presentación e relación calidade-prezo. A valoración global será a suma das valoracións parciais.

Á vista da valoración dos expertos independentes, pasarán á segunda fase as 5 tapas que en cada modalidade consigan maior puntuación.

En caso de empate, pasarán á segunda fase as tapas que obtiveran maior puntuación parcial pola seguinte orde: sabor, elaboración, presentación e relación calidade-prezo.



2ª Fase do Concurso

Para esta fase, o concello da Coruña, nomeará un Xurado de Cinco Persoas que visitará os establecementos e valorará as tapas dacordo cos criterios e mecánica anteriormente expostos. O xurado estará formado por:

- Un representante do concello da Coruña.
- Un representante da Deputación Provincial da Coruña
- Dous representantes da hostelería.
- Un experto en gastronomía.


B) Premio PICADILLO da Cidade da Coruña.

Este Premio será outorgado por votación popular, a través dunha tarxeta de votación que será entregada aos clientes nos establecementos participantes.

Esta tarxeta, debidamente cuberta, será depositada nunha furna que estará instalada no propio establecemento.

Cada persoa participante no Concurso, SÓ PODERÁ VOTAR UNHA VEZ POR CADA TAPA DIFERENTE QUE CONSUMA.

As tarxetas de votación indebidamente cubertas ou duplicadas, serán declaradas nulas.

Acadará o premio a Tapa que obteña maior puntuación de acordo cos criterios anteriormente establecidos, tralo reconto pola organización das papeletas de votación.

Recollida das furnas e reconto de votos: durante o día 29 de xullo a organización recollerá as furnas instaladas nos establecementos participantes para trasladalas á oficina do concurso para o seu reconto.


7.- ENTREGA DOS PREMIOS.

Se levará a cabo en dúas fases:

- Entrega de diplomas e premios: nos días seguintes despois de rematar o concurso.

- Entrega de Trofeos Torre de Hércules o dia 30 de Setembro de 2010, data na que se conmemora a morte de Don Manuel Puga e Parga (Picadillo).


A participación neste Concurso, implica a aceptación das suas Bases.



 
 
Archivos Adjuntos:
Ficha inscripción Picadillo 2010
 
 
   
  A través de este portal, usted puede enviarnos sus ofertas de trabajo o bien buscar demandantes de empleo adecuados a su actividad, Conocía el servicio?   
 
Si
No
No me interesa especialmente
 
   Votar  
Ver resultados Todas
 
   
 
 
   
  Promoción do Emprego Autónomo (FIN 30.06.10)
 
  Ayudas modernización de campings (FIN 04/06/2010)
 
  Ayuda a transportistas que abandonen la actividad (FIN 07/06/2010)
 
   
  Concurso de tapas "Picadillo 2010" en A Coruña
 
  V Día do Emprendedor en Galicia
 
 
 
 Ver Todos    Volver
     
Diseño y desarrollo  canalcubico.com